Friday 29 de March de 2024

O Concello pobrense promove unha xuntanza coa mocidade


A Casa da Mocidade pobrense será escenario neste sábado 21, ás 18.00 horas, dun encontro coa xuventude do municipio. Promovido pola Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal, búscase así crear un espazo para conversar sobre o estado actual das actividades relacionadas coa xuventude, para dinamiza-las propias instalacións da Casa da Mocidade e para propoñer novas accións para desenvolver.
A xente moza que desexe participar nesta xuntanza pode facelo de maneira presencial ou telemática. No caso de se decantar por esta última opción, a ligazón para a asistencia virtual publicarase media hora antes do evento nas redes do Concello. As prazas son limitadas e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.